leoeosseus

Monday, 26 February 2007

Camelias e caracois

Onte saiu o sol por fin e puidemos ir visitar a mostra de fotografías de camelias de Cristina Barreiro en Marín. E gustounos. E aprendín que hai multitude de variedades entre as que está as variedades "Cidade de Vigo" e "Rosalía de Castro" entre outras. Tamén aproveitamos as lambonadas que había nunha sala como fixo tamén Oko.
E poño unha foto onde sae unha camelia cun caracol para dicir que no choio, polo medio dos bloques de granito, hai muitos caracois ou coscos.
A min dáme nonseique imaxinar o seu futuro se seguen na pedra así que trato de salvar a maior cantidade de bechos. Iso si; procuro que non me vexa ningún compañeiro de choio que me consideraría un tolo.

Labels: , ,

11 Comments:

At 26/02/2007, 23:31 , Blogger Torreira said...

O salbabechos Paideleo...como debe ser

 
At 26/02/2007, 23:45 , Anonymous Anonymous said...

En Corme chamámoslle cascudas. Ah! eu tamén os salvo pero das xentes que os collen pra vender pra comer.Suso Lista

 
At 27/02/2007, 00:50 , Blogger Parzival said...

Não estás só, paideleo. Eu trato de não pisar formigas nem vermes, nem becho nenhum. Até retiro os vermes que acho nas bermas para que não os pisem outros!

Dum romance inglês do que não gostei muito e que tive que ler há anos, lembro que havia uma cena na que o protagonista, ainda rapaz, fazia um longo caminho pelo monte após uma tarde de chuva, saltando para evitar matar os bechos que sairam... Senti-me identificado com ele. É o sentimento budista de que toda vida é sagrada, ainda que hoje até a humana pareza devaluada.

 
At 27/02/2007, 10:30 , Blogger Peke said...

Como vivimos no campo hai caracois por todas partes. Un incluso se me pegou o parabrisas do coche. Coma ti, retíroos sen mancalos. Xa ves, somos moitos os que salvamos bechos.

 
At 27/02/2007, 12:12 , Blogger Mrs.Doyle said...

A camelia é a miña flor favorita e a súa árbore tamén é a miña árbore favorita. As flores son tan feitiñas e as follas das árbores tan brillantes que fan unha harmonía perfecta. E cando caen os pétalos... o solo vístese cunha alfombra improvisada...

 
At 27/02/2007, 16:58 , Blogger cris said...

Dalle as gracias a Ana de mi parte. E gracias polas fotos tamén da miña parte e da miña nai.

 
At 27/02/2007, 18:29 , Blogger rifenha said...

Pois eu, de meninha, ainda recolhia os pauzinhos para que não passasem frio nem chuva.

 
At 27/02/2007, 21:32 , Blogger Mario said...

A min tamén me dá un pouco de pudor, iso de coller os bechos e botalos para fóra sen matalos, pero, para que tanta violencia innecesaria?

 
At 28/02/2007, 22:32 , Blogger paideleo said...

A min non me gusta a violencencia sen sentido, porque si e prefiro ser coma un deus bo e perdoar vidas de animaliños.
Encántame saber que non son un becho raro e que máis xente practica o salvamento de bechos no lugar errado.
Graciñas polos comentarios.

 
At 01/03/2007, 12:47 , Anonymous Paco Penas de Dorvisou said...

Tamén deberíamos facer un esforzo para salvar a especie humana...disque corre moito perigo :-)

 
At 02/03/2007, 01:10 , Blogger Mr Tichborne said...

Eu era un neno cabrón que lle gustaba andar a pisalos despóis das choivas. O meu arrepentimento hoxe é infinito, e non mato nin ás arañas. Ou poida que matase aquel neno...
Sigue así.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home