leoeosseus

Thursday, 8 February 2007

Cambios no atallo ó traballo



No mediodía teño hora e media para xantar e apenas me dá tempo para cambiarme, chegar a casa, xantar e marchar fungado para o choio para volver cambiarme e pórme a traballar. Co esas présas teño que buscar o camiño máis rápido anque sexa o máis longo e topei un atallo esquivando atascos. Ese atallo hai uns vinte anos era un camiño que abeiraba un río onde nos bañabamos os rapaces. Hoxe todo mudou e o río coas "humanizacións" escaralláronno e ten pouca auga e a poza da Fos desapareceu. O camiño está hoxe empichado e pasan coches con conductores apurados. Agora ese carreiro é unha rúa que conserva un nome precioso e sonoro e ata un chisco bucólico rememorando tempos pasados.

Labels:

11 Comments:

At 09/02/2007, 11:38 , Blogger moucho branco said...

estas cousas sempre me pareceron tristes. Case sempre estas modernizacións son crueis e absurdas. Eu paseo por partes do meu barrio onde xogaba de neno e non as recoñezo, é unha mágoa porque o cambio soe ser de herba por aslfalto.

 
At 09/02/2007, 18:17 , Blogger Nébeda said...

Se cadra é o único fermoso que conserva a estas alturas, o nome. E as lembranzas... que sería un galego sen lembranzas.

Bicos!

 
At 09/02/2007, 21:36 , Blogger Torreira said...

Unha rua para abstemios (porque pronunciala con duas copas enriba pode ser unha aventura)

 
At 10/02/2007, 12:35 , Blogger XM Carreira: Caixa do Mendinho said...

Na época do desarrollismo mesmo se chegaron a pagar subvencións por desecar humedais para urbanizar. Nada me sorprende.

 
At 10/02/2007, 23:02 , Blogger Nébeda said...

non, perdoa, máis sentimento que o teu non ten ningún. xD


o de bailar solto ou agarrado... decídoo dependendo do día. Pero no caso de buscar parella, hainas ben amañadas.


Saúdos dende o Morrazo, que diría o mito televisivo noutrora campeón de tiro de España Gayoso!

 
At 11/02/2007, 15:55 , Blogger Mrs.Doyle said...

Non nos poñamos tremendistas e pensemos na desaparición... pensemos na evolución... e aunque non sempre sexa mellor, tratemos de verlle o lado positivo...

 
At 11/02/2007, 17:20 , Blogger Brais said...

Aqueles rincons fermosos donde se enredaron os nosos primeiros pasos fenecen as mans do mal chamado progreso, como si souberan que xa non temos tempo para agarimar os soños da infancia, perdidos nas presas diarias para que medren as plusvalías dos asesiños de soños.
unha aperta.
Grazas por a visita e por as palabras

 
At 11/02/2007, 19:12 , Blogger David said...

Por desgraza o tema da urbanización está demasiado avanzado...
E despois critican á miña xeracion por que non baixamos xogar á rúa, como se fósemos nós os que deixan as cidades sen sitios onde xogar e pasar o tempo...

 
At 11/02/2007, 23:59 , Blogger XurxoCimadeVila said...

unha vez oille na tv a un tipo algo asi como " don manuel nos trajo el hormigon" q a don manuel por traernos o formigon q lle ponhan unha capa ben boa del cando DUP(descanse un poquito) para q nunca mais poida sair del.... se progreso é asi eu maldigoo.

 
At 13/02/2007, 13:18 , Anonymous iamato said...

Penso que ese topónimo castelanizárono bastante, xa que eu vivo en Entrambasaugas

 
At 14/02/2007, 15:57 , Blogger torredebabel said...

Concordo con moucho, a modernizacion moi poucas veces faise atendendo ao benestar de todos (homes e natureza). A historia que contas é fermosa e, se cadra, na memoria dos tempos mellores está a garantía de que ainda non desapareceron de todo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home