leoeosseus

Wednesday, 14 February 2007

Lenda do raio verde



Hoxe é o día dos enamorados e lembrei a lenda do raio verde. Esa lenda di que o derradeiro e ultimísimo raio do sol xusto antes de pórse é de cor verde e que se nese momento o ves con outra persoa o amor entre os dous será para sempre. Esta lenda serviulle a Xulio Verne para escribir unha novela e todo. Anque ó final non é lenda senón que é un fenómeno rarísimo que ata sae en fotos como a que poño que foi feita en Francia. O curioso é que Turgalicia promociona a costa galega dicindo que hai raios verdes.

Que queres que che diga ?. Eu con Ana nunca mirei raios verdes nin farrapos de gaita e non nos vai tan mal, non é ?.

Un saúdo e que haxa amor con raio verde ou non.

Labels: , , ,

22 Comments:

At 15/02/2007, 00:01 , Blogger mamiago said...

Sí, hoxe foi o día dos enamorados e na fábrica tivemos unha rosa tóda-las mulleres, pois foi bonito. Parece que o xefe (fillo)non quiso regalar a súa noiva un gran ramo diante de todos, e regalou o ramo partido.
Pois eu non esperaba nada, e sentoume moi ben. Foi un detalle.

 
At 15/02/2007, 00:36 , Blogger besbellinha said...

Eu vou seguir esperando o meu raio verde, anque ás veces se me dea por pensar que xa o teño e que ando a desaproveitalo.
E vos...que vos vou dicir :)bicos bicos bicos, que día dos namorados, para os que o están, son tódolós días.

 
At 15/02/2007, 08:54 , Anonymous náufrago said...

Non recordaba esa novela de Verne, que lin sendo neno. Grazas por lembrarma. E que nunca nos falten os raios verdes.

 
At 15/02/2007, 10:54 , Blogger Moralla said...

Gústame moito o final! Que non nos veñan con marketing nin parvadas de flores nin 14 de febreiros! Cando se ama de verdade é todos os días, sen raios verdes de por medio nin chorradas.
Noraboa pola túa fermosa historia con Ana e polo teu retoño. tes que amosar máis fotiñas!!
Unha aperta!!
Bonita foto!!
Yoli :-)

 
At 15/02/2007, 11:39 , Anonymous a randeeira said...

Eu teño a sorte de celebrar esa efemérides todos os días do ano e sen ter que pasar por o Corte Inglés.

Outro día comentabas no noso blog O Varal o tema da loita galega de agarre fixo... faite con este exemplar
http://www.blogoteca.com/arandeeira/index.php?cod=7539#comentarios
e hai un artigo de Alfonso Eire, director de A Nosa Terra, que fala a fondo dela.
http://www.blogoteca.com/arandeeira/index.php?cod=4666

 
At 15/02/2007, 21:53 , Blogger Brais said...

Ainda que os raios verdes non sirven para namorar. a imaxe e ben fermosa .
Unh aperta

 
At 15/02/2007, 23:44 , Blogger cris said...

Sexa o que sexa, o sol sempre alimenta! Non é? Din que fai subir as endorfinas, ou non? ;-) Menos mal que pronto ven a primaveira. O Leo inda non miróu o seu primeiro verán pero seguro que o está desexando, pode que se leve nos xenes quen sabe!!!

 
At 16/02/2007, 15:13 , Blogger X said...

Sempre me gustou a lenda do raio verde, lembro cando a lin de pequena, prestárama unha veciña en cómic.

 
At 16/02/2007, 19:42 , Blogger Suso Lista said...

Non será o raio do pulpo con pimento e cebola en vinagreta? Ti non fagas caso, que o amor supoño que será que esteedes toda a vida os dous xuntiños intentando descubrir ese raio verde. Bicos

 
At 17/02/2007, 00:24 , Blogger torredebabel said...

por sorte, o amor non necesita de raios de cores, nin de corazones de caramelos, nin de mobiles novos, e todas esas cousas que nos venden nestas datas. Nada más intenso e afastado da psicose do consumo que o amor.

 
At 17/02/2007, 02:16 , Anonymous beatriz said...

pois un amor un pouco verde e picantón sempre está moi ben... logo xa virán os raios, tronos, luces de artificio e por suposto tódolos días do ano para celebralo.
bicos!!!

 
At 17/02/2007, 15:07 , Blogger Mrs.Doyle said...

Bonita lenda.
En canto a Turgalicia... sen palabras. Unha panda de ineptos.

 
At 17/02/2007, 15:50 , Blogger XM Carreira: Caixa do Mendinho said...

Home se Pondal di o da costa verdescente e o raio transparente, pois hai que aproveitar o mito,

 
At 17/02/2007, 18:56 , Blogger rifenha said...

Eu, em geral, gosto das lendas.
A do raio verde, é linda.

 
At 17/02/2007, 23:36 , Anonymous Martin Pawley said...

Non, non é unha lenda: o raio verde é un fenómeno óptico real.

 
At 18/02/2007, 10:09 , Blogger rifenha said...

Claro que é reial. Mas eu referia-me à lenda de que se dous o vem juntos, seu amor será eterno...

 
At 18/02/2007, 12:31 , Blogger Dorvisou said...

E terei que contalo aquí e todo...
O meu raio verde era un raio laser que cintilaba dun lado ao outro polos espellos do teito da discoteca Dona-Dana de Touro , asulagando a minha chaira de fulgor.
¡Ai, o meu amor polo neón!
Saudos a terra, PEDRIÑO.

 
At 18/02/2007, 20:44 , Anonymous moucho_branco said...

Bueno, eu son devoto, e se Odín puco ahí o raio verde por algo sería, :)

pero en efecto, que haxa amor e o do raio verde deixémolo para a galería de lendas fermosas.

 
At 18/02/2007, 21:57 , Blogger paideleo said...

A lenda é preciosa e orixinal pero non é imprescindible para topar o amor.
Graciñas a todos polas vosas palabras.

 
At 19/02/2007, 00:03 , Blogger Parzival said...

Além do romance de Verne, há também um filme do Eric Rohmer com o fenómeno do raio verde como protagonista. Titula-se assim: "O raio verde" e, ainda que não é o melhor dele, também não é mau.

(http://www.filmaffinity.com/es/film308984.html)

 
At 20/02/2007, 12:37 , Blogger Torreira said...

E eu que pensaba que os raios verdes erán consecuencia do aurea pre-migrañosa?

 
At 20/02/2007, 13:10 , Blogger rifenha said...

Essas adoitam ser pontinhos de luz branca, que se movem, desaparecem e re-aparecem diante dos olhos, senhor torreira-Bogart.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home