leoeosseus

martes, 20 de febreiro de 2007

Entruido de antes


Hoxe é martes de entruido e este ano nin o cheiramos. Cousas que pasan.
Lembro cando non había case entruido que fomos varios rapaces veciños a pedir polas casas da aldea. Os disfraces eran roupa vella e caretas de cartón. Eramos curruvellos ou mecos. A xente pedíanos que fixesemos algunha gracia coma un baile ou que fixesemos o parvo. Eu ó primeiro andaba cortado pero despois de visitar varias casas xa me animei e non me extraña: a xente dábanos viño e galletas ou orellas ou filloas se as había. Dábannos viño sendo rapaces porque eran outros tempos.
Logo o entruido xa se institucionalizou e perdeu bastante gracia e agora ata nas igrexas hai disfraces para os rapaces.
E iso era o que quería contar hoxe e vou durmir.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 21/02/07, 01:18 , Anonymous Anónimo dixo...

uiiii, iso das filloas e as orellas...normal que co subidón de azucre e o viño acabase un animándose a face-lo parvo!!
A min dáme moita pena non ter vivido eses entroidos. Agora só hai festas dos coles en discotecas e desfiles polas rúas... é unha pena, pero bueno...
E vos, xa lle tedes disfraz ó pequerrecho?
Unha aperta e moitas gracias polos teus ánimos :)

 
Ás 21/02/07, 01:29 , Blogger ictioscopio dixo...

eu de perrello tamén ía polas casas cos outros nenos, nós eramos farroupeiros ou farropeiros (supoño que viría de farrapo, iamos polos fillós, viño non lembro, pero xa mo daban na casa (con gasosa, claro) a miña nai non lle gustaba que fose, mas todos os nenos dicían que os dela eran os fillós máis ricos... e a min sempre me recoñecían disfarzara como disfarzara, porque era o único con ollos claros da aldea :/ que tempos! :)

 
Ás 21/02/07, 13:22 , Blogger rifenha dixo...

Pois nós, em Vimanço, também iamos e recibiamos aos entruidos na casa.
Agora, que trabalho numha escola, odeio esses companheiros que põem aos meninhos de morangos, ou de tubos de pasta dos dentes...
É indigno do entruido, que é jogar a ser por um dia aquelo que se sonha.
Como vai sonhar um meninho com ser um tubo de pasta...
Em fim. Cousas do tempo que vivimos.

 
Ás 21/02/07, 19:54 , Blogger *Sara dixo...

Eu facía o mesmo ca ti cos meus veciños!! :)

 
Ás 21/02/07, 22:18 , Blogger OSIÁN dixo...

É BEN CERTO, AQUELES SI QUE ERAN ENTROIDOS ENRAIZADOS E SOLIDARIOS. CHEOS DE LAMBADAS E AGARIMOS.
UNSAÚDO

 
Ás 22/02/07, 09:12 , Blogger Mario dixo...

É unha mágoa que o antroido tamén se globalice e perdamos as nosas peculiaridades.

 
Ás 22/02/07, 18:40 , Blogger torredebabel dixo...

se fora posible que tal existise, eu sinto morriña dos antigos entroidos que me chegaron nas memorias dos meus. En Bos Aires, o carnaval é moito outra cousa da que eu non gosto. Os rapaces xogan a mollar á xente ou a encherlle a cara de espuma. Moita violencia para a miña baixa tolerancia...

 
Ás 22/02/07, 22:33 , Blogger paideleo dixo...

Pois como non cheiramos o entruido polo mal tempo e a falta case material de tempo pois non houbo disfraces para ninguén da casa. Supoño que xa haberá máis ocasións no futuro.
Miro que algúns dos comentaristas tiveron entruidos semellantes ó meu e hai outros que non o tiveron. Eu prefiro este de pasalo ben que non o outro de estar de simple espectador e concursos por aquí e por alá.
Graciñas polos comentarios que sempre se aprende algo.

 
Ás 23/02/07, 16:31 , Blogger moucho branco dixo...

bueno, na miña cidade o antroido consiste núnha chea de rapaces con caretas de esqueleto e mono azul tirando petardos, moito encanto non ten...

 
Ás 23/02/07, 21:54 , Blogger A rapaza do arco dixo...

Que recordos o de ir disfrazados con roupa vella polas casas! Aínda que son bastante nova, ao vivir nunha aldea tiven a sorte de ter experiencias que hoxe se consideran doutro tempo, tamén alí está cambiando todo. Até hai case nada tamén disfrutaba das orellas, as galletas e incluso dos chourizos que a xente che daba por alegrarlles o día, malia que algún ano o frío e a choiva fixeron que para min fora unha tortura. Os dous últimos anos xa nos "modernizamos", currámonos uns disfraces temáticos e presentámonos a concursos locais. Case me tiña máis graza o de antes, con molestias e todo, porque a recompensa era ver a cara da xente e agora nin tan sequera conseguimos os primeiros premios :(
Por certo, que podía facerse un ranking de disfraces absurdos para @s nen@s, eu no colexio fun de racimo de uva, de dado, de bolsa do lixo...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio