leoeosseus

Tuesday, 6 February 2007

Exposición de fotos de camelias



Hoxe chove e todos sabemos que a chuvia é boa para as prantas e as frores. Co inicio da primavera frorecen as camelias coas súas camelias de cores ben variadas. Pois ben, no Museo Torres de Marín vai haber unha exposición de fotografías de camelias na segunda quincena de febreiro. A fotógrafa é Cristina Barreiro e, coñecendo a súa sensibilidade e bo facer, non hai ningunha dúbida de que mostrará fotografías preciosas e dignas de premio.

Un engadido filolóxico: en Arbo chámanlle ghapoeiro á árbore das camelias e non sei se esa denominación terá que ver coa orixe das camelias que viñan do Xapón.

Labels: , ,

12 Comments:

At 07/02/2007, 00:33 , Blogger mamiago said...

PAIDELEO adiantáchesme, vaia publicidad, eres o máximo

 
At 07/02/2007, 02:30 , Blogger moucho branco said...

pois si, dan ganas de ver o que amosan esas imaxes... a fotografía pode ser unha das formas de arte mais fermosas.

 
At 07/02/2007, 08:47 , Anonymous náufrago said...

Ghapoeiro a min sóame brasileiro.

 
At 07/02/2007, 11:52 , Anonymous rifenha said...

Qur é o que diz esse senhor jjb998?
Por causa de mensagens assim e, como eu não sei inglês, é polo que você pensa que não pode pôr comentários no meu blogue.
Pode, sim. Mas antes passão polo meu e-mail. Se vém algún em inglés, não publico. Por se acaso fala de lesbian, penis e demais, coma ao princípio.
Você, se quer, mande o comentário. Se lhe diz que é um erro, não faça caso e, quando eu o ver, Já vai aparescer no post que corresponda.
Se, ainda assim, não pode, verei que é o que passa.
Um saudo carinhoso. E obrigada.

 
At 07/02/2007, 12:53 , Blogger Dorvisou said...

E unha das árvores máis bonitas. Tamén da gusto velas como se dan na nosa terra e como, será por casualidade, sempre buscan a sombra das casas ricas. As casa pobres non perden o tempo nen plantando "pesegueiros".
Saúde e boa terra, compañeiro.

 
At 07/02/2007, 16:56 , Anonymous F. Miguez said...

O nome científico é Camellia Japónica así que, segundo parece, en Arbo tiráronlle máis polo apelido :)
Discrepo un pouco da opinión de dorvisou. É certo que o camelio é unha árbore frecuente en pazos e casas rectorais, pero hai xa tempo que esta árbore se democratizou. Unha das camelias máis fermosas (refírome á flor) que vin nunca está na casa dos meus avós, onda o pilón, preto das cortes. A casa (non viveiro) na que máis camelios vín é a miña (dos meus pais) e... bueno, oxalá fora certa a relación camelias-cartos ;)
Mandarei a meus pais a ver esa exposición.

 
At 07/02/2007, 18:22 , Blogger cris said...

Preguntareille a miña nai, que o millor sabe algo. Aínda que dubido que oíra a palabra antes.

 
At 08/02/2007, 09:33 , Anonymous Anonymous said...

"Chove en Santiiago
Camelia branca
do ar
brila entebrecida ao sol...."
A camelia é un dos símbolos da nosa Galicia. Eu sempre a identifiquei con Compostela e con Rosalía, aínda que estes versos foran escritos por Lorca.
Seguro que a exposición promete.
Un bicazo entre erbas de prata

MORALLA

 
At 08/02/2007, 22:59 , Blogger Mario said...

Mira que hai afeccionados ao camelismo!!! Até un concurso de fotos. Eu das camelias o único que sei é o que conta Kawabata, que en Xapón son sinal de mala sorte porque caen coma cabezas cortadas. Ben, menos un camelio sagrado en non sei donde. E digo eu, non caen moitas veces despetaladas ao chan, desfacéndose no aire?

 
At 10/02/2007, 22:43 , Blogger oko said...

e sabía vostede que moi preto do museo torres, nuns camelios que andan entre o concello e as aduanas de marín, dá gloria oir cantar aos paxaros en días con algo de sol coma hoxe???
-irei visitar a exposición, ata cando está?-

 
At 11/02/2007, 15:50 , Blogger mamiago said...

do 15, pola tarde, o 28 de febreiro. Eu que xa mirei algo podo decir que e moi completa, ten mais que camelias, camelias con peces, con mans, camelias secas, follas, pétaos... vai ser entretida.

 
At 14/02/2007, 15:55 , Blogger torredebabel said...

Miña avóa ten unha camelia nunha maceta fai anos. Ten flores vermellas e fermosas. Ainda que é unha bonita pranta, ela a mercou con moitísima emoción cando leu non sei onde que era a planta nacional de Galicia. Eu non sei se será verdade, pero no seu corazón é así, entón, nada mais importa. Apertas!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home