leoeosseus

Thursday, 4 January 2007

Máis marroquino



Sigo aprendendo algunhas cousas en marroquino como "si" que é "ué" e "si" en árabe "nahán" ou algo así. Tamén sei dicir "non" que é "la" e en árabe "laxé". Pero o que me chista é o falar de Nonfaledes. Unha vez díxenlle que xa me gustaría mover os bloques e as cadeas coma el e díxome "Todos nacemos desnudos" que significa que non nacemos aprendidos. O outro día pregunteille se comera muito na festa do año e díxome que lle doían ata os dentes. Pero a expresión que máis me gusta e o que di cando se despide un camioneiro e el sóltalle: "Tú eres bienvenido para volver".
Imaxe tirada do blogo do escunchador

Labels: ,

9 Comments:

At 05/01/2007, 01:21 , Anonymous rifenha said...

Sabe você,que, aquí, no Rif, quando umha moça é muito linda, na vez de dizer "meu coração" dim "fígado meu"?
Laila saida, senhor pai de leo
Laila= Nuite
Saida= Feliz.

 
At 05/01/2007, 12:46 , Anonymous X said...

Gustoume moito a despedida.

 
At 05/01/2007, 14:04 , Blogger moucho branco said...

os idiomas dan moitas destas fermosas curiosidades, ;)

 
At 05/01/2007, 15:30 , Blogger Torreira said...

As culturas pre-xuzgadas por moitos sorpréndennos sempre (moitas veces de xeito positivo)...canta profundidade,posme trascendente pai-de-leo

 
At 05/01/2007, 20:15 , Anonymous ghanito said...

estas son as cousas que mais me gustan do teu blogue. Descubres cousas novas ca ollada limpa dun neno.
Ti sempre serás benvido para voltar.

 
At 06/01/2007, 10:25 , Blogger Dorvisou said...

A grande universidade da vida.Xa o dicía F.Pessoa, que había moito xenio durmindo nas guardillas. Eu deime conta fai moito tempo que a xente o que lle gusta é que a escoiten...e moioto aprendín.
Unha aperta.

 
At 06/01/2007, 20:31 , Blogger *Sara said...

Jeje, que curioso todo o que contas/contades por aquí :). Que pensarán miles de estranxeiros dos moitísimos ditos e refráns que temos aquí?
Apertas!

 
At 06/01/2007, 22:27 , Blogger paideleo said...

Dende logo que detrás de cada persoa hai unha vida, unha historia e unha cultura e sempre é bonito aprender cousas distintas...polo menos para min.
Un saúdo a todos e que os Reis se portaran ben con todos.

 
At 07/01/2007, 22:02 , Blogger Mrs.Doyle said...

A interculturalidade é todo o que desencadena é apaixoante.
Disfrute de esa posibilidade de "viaxar e coñecer outras culturas" sen moverse da casa.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home