leoeosseus

Monday, 8 January 2007

O Popeye



Na empresa sae e entra xente nova. Hai muito portugués e xa hai dous marroquinos. Eu agora estou noutra máquina que marchou un home dalí. Outro que marchou foi S. da Guarda que vou chamar Popeye porque pechaba máis un ollo co outro, tiña queixo avultado, estaba tatuado e andou embarcado. A muller había veces que o viña buscar e preguntaba por el e pensaba que lle era infiel que non aparecía pola casa. O Popeye este tamén era un botado para adiante e ofrecía unha cousa que nunca oíra antes: as hostias vaqueiras. E que son ?. Son hostias que daba que che saen os dentes en fila india.

Labels:

16 Comments:

At 09/01/2007, 00:31 , Anonymous pepe penas said...

Polo que vexo atopas sempre tipos curiosos polos sitios por onde andas. Non se se coñeces a carta dun neno a Papa Noel. Se nona coñeces pica en pepe penas e se cadra ainda te ris un chsico.

 
At 09/01/2007, 01:11 , Blogger leco said...

Que bo! non o tiña escoitado antes :)

 
At 09/01/2007, 01:20 , Blogger Nemeth said...

sempre á espreita pra contarnos a fauna humana que atopas ao teu carón. unha delicia.

unha aperta

 
At 09/01/2007, 10:38 , Blogger moucho branco said...

vaia un persoaxe, parece tirado dúnha novela, :)

 
At 09/01/2007, 11:00 , Blogger Dorvisou said...

jajaja..Moi bon, Pedro. Un sorriso así polas mañans non ten prezo. Ti serías un bon fotógrafo, non perdes detalle.

 
At 09/01/2007, 11:18 , Blogger Torreira said...

Esas si que son hostias e non as que ofrecia Jhon Waine

 
At 09/01/2007, 23:31 , Blogger Suso Lista said...

Si señor, os dentes en fila india, rinme un bo cacho. E sigo arirme. Moi bo

 
At 10/01/2007, 06:34 , Anonymous náufrago said...

¿E non sería a muller Ofelia e o fillo Cocoliso?, ¿vícheslle comer compulsivamente espinacas?

 
At 10/01/2007, 13:39 , Blogger Mar e Lúa said...

Jajajaj! Dende logo ti si que atopas xente curiosa, eh? Que risas!

 
At 10/01/2007, 13:57 , Anonymous rifenha said...

Em quanto a persoagens e situações, a relaidade, sempre supera à ficção.
Só há que saber olhar.
Com umha olhada coma a do paideleo
O que já tem mais mérito, é contar tão bem

 
At 10/01/2007, 16:14 , Anonymous Chelin said...

O certo e q as tuas historias no n teñen desperdicio ningun, moi boa, mañan gracias a isto botarei unhas risadas no choio a conta dos personaxes q me acompañan no dia a dia.
Bqñs.

 
At 10/01/2007, 18:18 , Blogger David said...

moita xente interesante coñeces ti, hehehe... eu tampouco escoitara nunca o dos dentes en fila india... será invención del? :D

 
At 10/01/2007, 20:41 , Anonymous jan said...

Poderías facer unha galería de tipos curiosos, e escribir un libro...moi simpático o das hostias vaqueiras!!!

Fortes apretas!

 
At 10/01/2007, 22:26 , Anonymous O Raposo said...

Hostias vaqueiras. Nunca o oira peo está ben. Ei probar mañá na oficiña.

 
At 10/01/2007, 23:20 , Blogger paideleo said...

Alédome de que vos gustase S. da Guarda e a súa expresión. A verdade é que eu non a oíra antes e fíxome gracia cando lla oín.
Graciñas polos comentarios e se se me ocorren máis cousas xa as contarei.

 
At 12/01/2007, 00:49 , Blogger ictioscopio!! said...

XD

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home