leoeosseus

Tuesday, 16 January 2007

Confiando no futuro



Hai xustiño un ano que Ana máis eu nos enteirabamos polo predictor de que o Leo viña en camiño. Aquel día escribín no blogo que levaba nos EEUU falando de que tiña morriña. A verdade era outra pero quería expresar o meu sentir aínda que fose debido a outro motivo. Aquel día entráronnos muitas dubidas e temores sobre o futuro. Hoxe podemos dicir que se poña o futuro aí diante que o rillamos cru ou con patacas.

Labels:

20 Comments:

At 16/01/2007, 22:43 , Anonymous rifenha said...

O amor, nunca duvida .
Sempre vai cara adiante, e pode com tudo....

 
At 17/01/2007, 00:29 , Blogger Lúa- Haberlas, hailas... said...

que manciña!!, alédome por vos, bicos!

 
At 17/01/2007, 00:43 , Blogger *Sara said...

Está ben mirar atrás para saír adiante cunha reflexión tan positiva como a túa e cunha foto e uns sentimentos tan bonitos coma os que nos deixas ver.
Alégrome moito por vós.
Biquiños.

 
At 17/01/2007, 09:33 , Anonymous F. Miguez said...

Como dice miña avoa, o que non mira para adiante, quédase atrás. Seguro que o Leo agradece esa determinacion.
A foto, a mais bonita que vin no blogomillo. Con diferencia.

 
At 17/01/2007, 09:41 , Blogger Moralla said...

Que tenrura de foto!!!!! preciosa!! Noraboa Pai de Leo!
Chámase Leo?
Un bico de Yoli :-)

 
At 17/01/2007, 11:12 , Anonymous peke said...

Fermosa foto!

 
At 17/01/2007, 14:49 , Blogger moucho branco said...

pois si, moi fermosa foto, e grande descripción tamén do clásico momento predictor, ;)

un saúdo.

 
At 17/01/2007, 16:18 , Blogger Torreira said...

A foto e ti xa o decides todo Pai-pai

 
At 17/01/2007, 18:14 , Blogger David said...

que bonita a foto! parabéns e a seguir adiante!! ;)

 
At 17/01/2007, 21:33 , Anonymous Chelo said...

Encantame a foto, encantadesme vos, as tuas verbas, a vosa forma d pensar e d ver a vida en xeral, non cambiedes nunca.
Bqñs.

 
At 17/01/2007, 21:34 , Anonymous jan said...

E aí está un ano despois o pequeno Leo!!! Parabéns polo resultado e pola ledicia que se vé que destilas cando falas do voso fillo.

Unha apreta moi grande para volos tres!

 
At 17/01/2007, 22:07 , Blogger Nébeda said...

ai, que bonito!

*Por certo, ó principio custoume adiviñar que Paideleo era o que de feito é. Tamén soa moi ben como palabra inventada. :)*

Saúdos

 
At 18/01/2007, 03:16 , Blogger torredebabel said...

A foto ten todo o necesario para ser o mellor do post, pero o texto sen dubida é necesario para entender a intensidade da que falas. Apertas a ti e a Ana a el?

 
At 18/01/2007, 13:28 , Blogger cris said...

"Sen dúbida", parabens!

 
At 18/01/2007, 23:28 , Blogger Mario said...

Que ademais é a mellor determinación que se pode tomar. Xa dicía meu avó: quen dixo medo, habendo pedras?

 
At 18/01/2007, 23:50 , Blogger Marinha de Allegue said...

Da gloria vervos collidos da man. Xa me tarda de vervos.

Unha aperta para os tres.
:)

 
At 19/01/2007, 22:20 , Blogger paideleo said...

Graciñas a todos polos comentarios e polos piropos sobre a foto que a fixo Ana.
A verdade é que hai un ano non podiamos imaxinar o que sería o presente... E non está nada mal.

 
At 20/01/2007, 12:11 , Blogger Dorvisou said...

Noraboa a fotógrafa por eses dous rapaces que ten. ¡Que mans chuliñas ajarradas unha da outra!...ese é o vínculo máis forte do amor.
Cando sexas velliño, meu pedriño, todo ese derroche de amor será ou debera ser, quen te agarrre a ti da man para levarte ata o cabo da horta para tomar o sol.
Saúde e terra.

 
At 23/01/2007, 09:26 , Blogger X said...

Sinto repetirme pero a estas alturas é difícil non caer na obviedade da magnífica foto que vos fixo Ana, estupenda metáfora. Titularía o seu post "Que fermoso é vivir", como a película, porque (menos merengoso, cousa que se agradece)é un canto á vida e ao futuro que neste caso veñen sendo a mesma cousa. Parabéns aos tres por este traballo colectivo.

 
At 25/01/2007, 21:42 , Blogger Nemeth said...

non hai que terlle medo ao futuro, só respeto ;)

e tendo xente que che queira á túa beira, pódese facer calquera cousa.

unha aperta

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home