leoeosseus

mércores, 13 de decembro de 2006

Santa Lucía



Hoxe foi Santa Lucía, santa avogosa da vista e patroa de varias profesións coma oculistas, modistas e canteiros entre outras profesións. E os canteiros que teñen que ver coa vista ?, preguntaredes. Pois ten unha resposta sinxela: cando se martela ou pica unha pedra saltan pedriñas e poden fastidiar un ollo.

E aparte de Santa Lucía hoxe está de aniversario o home da foto que mira para a cámara, a persoa á quen lle debo o meu amor pola lectura. E non hai mellor agasallo que un libro dun blogueiro amigo que seica vai deixar de escribir o seu blogo para o meu pesar e doutros. Évos cousas da vida.

Etiquetas: , , ,

4 comentarios:

Ás 14/12/06, 00:34 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns para el, e magoa que Veloso deixe o blogue...

 
Ás 15/12/06, 11:43 , Blogger Veloso dixo...

Graciñas por todo, Paideleo. Unha aperta dende a fría mañá de Zamora.

 
Ás 15/12/06, 21:03 , Blogger Xosé Manuel Carreira dixo...

Do que se entera un. Así que o rei de copas fecha o negocio.

 
Ás 16/12/06, 01:41 , Blogger torredebabel dixo...

Parabens para o teu "padriño literario" e tamén eu sinto moito que marche Veloso do blogomillo...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio