leoeosseus

martes, 29 de agosto de 2006

Foto de Beresmo

Unha das cousas que fago estes días é dixitalizar fotos que teño. Son bastantes e de temas variados.
Hoxe vou subir á rede unha foto tirada en Beresmo, concello de Avión, no ano 2002 e que eu titularía: " Todo acaba igual "ou " Carreira de ruinas ".
Un saúdo.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 29/08/06, 12:38 , Blogger X dixo...

Está lograda a foto. Un saúdo.

 
Ás 29/08/06, 14:41 , Blogger ictioscopio dixo...

fabulosa, si

 
Ás 29/08/06, 16:19 , Blogger Unknown dixo...

Moi boa a foto, lembroume a Wolf Vostell e o seu museo de Malpartida en Cáceres.
Un saúdo

 
Ás 29/08/06, 21:12 , Blogger moucho branco dixo...

francamente boa, pero cun ar de decadencia superdeprimente, :)

un saúdo.

 
Ás 30/08/06, 01:22 , Blogger torredebabel dixo...

pode ser unha boa metáfora do destino de esas cousas que, nun tempo, semellanos imprescindibles e logo, os anos, mostranos como o imprescindible de onte é o lixo de hoxe.

 
Ás 30/08/06, 09:47 , Blogger Nemeth dixo...

gustoume moito! moi suxestiva e metafórica do im-país. Agardo a próxima entrega!

un saúdo

 
Ás 30/08/06, 10:46 , Blogger Veloso dixo...

Hai anos estaba de moda a fotografía na que se puña de manifesto o contraste entre a Galicia moderna e a tradicional. Na túa, en cambio, simbolízase moi ben o fracaso das dúas. Pareceume magnífica. Un saúdo.

 
Ás 30/08/06, 12:05 , Blogger paideleo dixo...

A verdade e que Beresmo merece un album de fotos.
Esta imaxe pedía foto e mostra (como di Torredebabel) a perda de valor das cousas co tempo.
Así ten tamén ese aire decadente e triste que resalta moucho branco.
Non sei do museu de Malpartida e terei que enteirarme.

En fin, graciñas a todos polos comentarios e alédome de que vos gustase a foto.

 
Ás 30/10/09, 12:22 , Blogger Paz Zeltia dixo...

unha relación moi boa entre a imaxe e a reflexión

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio