leoeosseus

luns, 14 de agosto de 2006

Portugal e Santiago



O sábado fomos con María, Mon e David a Portugal. En Vilanova de Cerveira topamos atasco por obras e quedamos alí a visitar a feira, a vila e as barcas do río Miño (na foto). Logo seguimos para Viana do Castelo (a outra foto) e de volta paramos na praia de Vilapraia de Áncora onde sopraba o norte con forza (típico das praias portuguesas).

O domingo fomos a Santiago con Cris, Toño e María, unha costarricense casada cun americano que foi compañeira de Cris nos EEUU. Ela está nun curso en Granada e acercouse a Galicia en tren. Encantoulle Santiago (a quen non) e fixo fotos con Valle Inclán, coas Marías da Ferradura, meteulle o dedo no cu ó trasno da rúa do Vilar e buscoulle os pés a Cervantes. Marchamos sen cear en Santiago que chamaron a Toño que había un corzo coas catro patas queimadas dun incendio (outro dano colateral).

E así foi a fin de semana. Abur.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 14/08/06, 11:25 , Blogger máis alá dixo...

Menos mal que nos queda Portugal.
Parece que Leo está a medrar ben (e fai medrar a Ana)

 
Ás 14/08/06, 12:19 , Blogger David dixo...

O outro día eu tamén fun a Vilanova e a Coimbra; é unha zona ben bonita.
De Santiago xa non digo nada... ;)
Un saúdo

 
Ás 15/08/06, 02:19 , Blogger torredebabel dixo...

que ben saen Ana e Leo na foto. Apertas para eles e para ti!

 
Ás 15/08/06, 15:30 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Cando veñades por Santiago chamade e tomamos un café (si o tedes a ben). Deixo contacto no e-mail.

Ana está moi guapa e Leo parece que vai ser bo mozo.

Unha aperta para os tres xuntos.
:)

 
Ás 16/08/06, 13:14 , Blogger paideleo dixo...

O Leo medra ben e Ana lévao mui ben que sobe e baixa o que faga mester.
Graciñas polos comentarios e a ver se fago algunha excursión con blogueiros.
Marinha, eu estiven na xantanza do blogomillo en Santiago e ti non estiveches. Foi mágoa pero supoño que nos miraremos noutra ocasión.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio