leoeosseus

venres, 18 de agosto de 2006

Lembranzas do centro de saúde



Hoxe Ana ten revisión no centro de saúde. Supoño que todo irá ben. Do centro de saúde podo dicir que a primeira vez que fumos estaba a señora da foto vendendo cruasáns na porta mentes lía unha biblia. Tamén había carteis receitando respeito para os empregados sanitarios por parte dos pacientes e tamén lin un artigo dunha blogueira nun periódico deses gratuitos.

Hai que ver o coco o que lembra.

Boa fin de semana.

Etiquetas: , ,

11 comentarios:

Ás 18/08/06, 12:24 , Blogger Nemeth dixo...

ola!

unha ledicia volver a verte polo blogmillo!

seguireite decote

unha aperta postvacacional

 
Ás 18/08/06, 13:08 , Blogger moucho branco dixo...

Iso é o coco dos humanos, que dávos moitas voltas, :)

saúdos

 
Ás 18/08/06, 13:19 , Blogger X dixo...

Supoño que non é mal negocio venderlles cruasáns aos que saen de facer as analíticas sen ter almorzado ou aos que entran a polas receitas das pastillas para o colesterol :D

 
Ás 18/08/06, 13:20 , Blogger Veloso dixo...

Que vaia ben o da revisión... e que siga chovendo. Boa fin de semana!

 
Ás 18/08/06, 14:28 , Blogger Nemeth dixo...

por certo, moi guapiño o rapas :)

 
Ás 18/08/06, 19:53 , Blogger torredebabel dixo...

moita sorte na revisión. E mandade saudos a Leo se é que toca ecografía e podedes verlo!!

 
Ás 19/08/06, 00:09 , Blogger leco dixo...

Non vos pasa que estades desexando verlle a cariña ao Leo? A min era o que máis me tardaba.

 
Ás 19/08/06, 11:31 , Blogger Unknown dixo...

Se a mente lembra iso, é que o demais vai ben…

 
Ás 19/08/06, 21:57 , Blogger Modesto dixo...

Un saúdo, paideleo. Que todo vaia ben. :-)

 
Ás 21/08/06, 12:08 , Blogger paideleo dixo...

Todo saiu ben e mirámoslle a cara a Leo. Ten unhas bembas coma os pais e do resto todo ben. O médico foi mui agradable e explicou todo ben.
Graciñas polo interese e saúdos a todos.

 
Ás 30/10/09, 12:16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a foto da rosquilleira...
moi auténtica,
gustoume

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio